Como fin de curso os alumnos e alumnas de 5º curso, xunto co seu profesor Antonio Ferreiro, prepararon unha adaptación da obra Menciñeiro a paus de Molière.
Despois do recreo poidemos ver as finais dos Xogos Populares e a entrega de diplomas.
E, por último, xuntamos todas as tapas e tapóns que estivemos recollendo, en colaboración con todas as familias, para o Proxecto "Mans, por man". Gracias a todos por colaborar nesta labor.
Os alumnos e alumnas de 6º curso prepararon a dramatización do libro Orellas de bolboreta coas profesoras Rebeca e Virginia, despois contáronllo aos demais compañeiros do colexio.
-Mara é unha orelluda!
-Mamá, ti cres que son unha orelluda? -Non filla, tes orellas de bolboreta.
-E como son as orellas de bolboreta? -Pois son orellas que revoan na cabeza e pintan de cores as cousas feas.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou
regordecho...pode ser motivo de
parodia entre uns nenos e outros. Por iso cómpre un libro que lles
demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún
comentario despectivo, que eses comportamentos son reprobables.
E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles
transmite este relato é que convidan en positivo aquilo que para outros
sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos
demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres
especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza
fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa
personalidade. É o primeiro paso para aprender a rir dun mesmo...
Luisa Aguilar amosa unha gran sensibilidade neste texto sinxelo e cheo
de forza literaria, que transporta o lector a un mundo de formas, cores,
emocións e sentimentos. A figura materna destaca como referente vital
da protagonista, que contesta a cada comentario dos nenos seguindo as
indicacións da súa nai: o que para outros é un defecto, para Mara é unha
vantaxe da que os demais carecen.
O venres, 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de
Novacaixagalicia de Viveiro, terá lugar o acto de prensentación do libro
Un niño no xardín de Xoán Neira.
Participarán: Marica Campo, Manuel Bragado e Xoán Neira.
"Ola,
o meu nome é Anxo, son atrapador de contos e ciclobibliotecario, isto
quere dicir que atrapo os contos que escapan dos bosques por mor dos
incendios e demáis agresións medioambientais e gárdollos nunha bicicleta
cun carriño dianteiro para que as nenas e nenos os escoiten, os coiden e
sobre todo os devolvan ao bosque a través de pequenas accións que
protexan as árbores e os ríos nos que habitan"