21/12/13

O noso colexio na revista EDUGA

http://www.edu.xunta.es/eduga/revista/plan%20proxecta 

ACABA DE PUBLICARSE O Boletín Informativo curso 2013/14 nº 16 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no mesmo ven publicado o noso proxecto traballado o curso pasado: "O MAR"


 
Un mar de cultura no CEIP Antonio Pedrosa Latas (Programa Terra) 
 
 
"Proxecto O Mar aposta por un modelo de escola empírica e interactiva que non só involucra a toda a comunidade educativa senón que logra unha viva inmersión no tecido social da vila, colaborando con asociacións culturais e de ocio, ademais de facer partícipe a cidadanía do porto de Celeiro".

20/12/13

E agora a descansar. Felices Vacacións!!!

Rematamos as clases do 1º trimestre e chegan as vacacións do Nadal, agora toca descansar para vir con novas forzas para seguir traballando moito.

Non vos olvidedes de visitar os blogs do colexio onde poderedes ver todo o que fixemos.

Aquí vos deixamos o último vídeo coas fotos das actuacións do Festival de Nadal e a chegada de Papá Noel.



17/12/13

Acto de Nadal na Casa do Forno

O luns, 16 de decembro, celebramos o Acto de Nadal coma todos os anos.
A ANPA do colexio fixo a entrega dos premios de Postais e Poesías do Nadal. Os premiados foron os seguintes:
4º Infantil, Nicholas Gibson Tostón.
5º Infantil, Noa Fernández Abad.
6º Infantil, Mar Vale López.
1º Primaria, Martina Gil Alfaro.
2º Primaria, Luis Fernández Lázaro.
3º Primaria, Nerea Salgueiro Rapa.
4º Primaria, Miriam Orbe Díaz (Postal) e Alba Rouco Iglesias (Poesía).
5º Primaria, Álvaro Fernández Lázaro (Postal) e Lia Sui Balseiro Otero (Poesía).
6º Primaria, Icía Míguez  Infante (Postal) e Iria Basanta Abella (Poesía).

Noraboa a todos os participante e en especial aos gañadores. O esforzo sempre ten recompensa!


No acto tamén actuou o Coro do Colexio.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica.
MÁIS INFORMACIÓN NESTE ENLACE



13/12/13

Para fomentar a lectura en familia

Ler un conto aos nenos e nenas cada día ou regalarlles un libro nas ocasións especiais son algúns dos primeiros pasos que os pais poden dar para inculcar nos seus fillos pequenos o amor e o gusto pola lectura. Esta actividade estimularaos e axudaralles a desenvolver as súas competencias lingüísticas, pero tamén lles servirá de fonte para adquirir novos coñecementos e como ferramenta para progresar en todas as súas aprendizaxes.

Na seguinte presentación podemos ler sete pautas para fomentar a lectura 

10/12/13

"Calendario Especial"

"Días de Mar" é o calendario para o 2014 editado polo Colexio, no que se reproducen imaxes e textos que resumen o Proxecto Integrado de Dinamizacións do curso pasado "O MAR".
O calendario recolle memoria con estampas retrospectivas das transformacións sufridas na ría e no porto ao longo dos últimos cen anos; asemade inclúe unha homenaxe ao rol esencial das mulleres nas conserveiras, un repaso ás embarcacións que se usaron ao longo do século XX e tamén ás tripulacións dos barcos do porto Celeirense.