As nenas e nenos que participaron no Mercado Solidario cantando no coro do colexio fixeron unha actuación que foi moi aplaudida tanto polos usuarios da Residencia coma polas súas familias que acudiron a ver o pequeno concerto. Fixéronno moi ben, noraboa!
Xa estamos a preparar o gran Festival de Nadal que celebraremos todo xuntos o xoves, 21 de decembro; estará cheo de panxoliñas e vilancicos, así como a xa tradicional dramatización do alumnado de 6º de Infantil.
E como se pode observar no seguinte vídeo todo o colexio ten ambiente do Nadal:
Belén realizado a partir dos envases dos iogures bebibles e decorados con moita imaxinación polas familias. Noraboa polo voso traballo!
Tarxetas postais
Estrelas de Nadal
Bolas decorativas realizadas polo alumnado de 1º e 2º curso
Rincón dos libros sobre o Nadal
Música de panxoliñas cantadas polas nenas e nenos do colexio de diferentes promocións
O
noso Colexio tamén vai participar entregando 25 CD,s con panxoliñas
cantadas polos nenos e nenas de diferentes promocións dende o ano 1998
ata o presente.
Ademais,
ás 17:00 horas, o coro formado por uns 45 nenos e nenas farán unha
pequena actuación para os residentes e para o público en xeral que acuda
a este mercadillo.
En 1992, ao termo do Decenio das Nacións Unidas para os Impedidos (1983-1992), a Asemblea Xeral proclamou o día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Decenio fora un período de toma de conciencia e de medidas orientadas cara á acción e destinadas a mellorar a situación das persoas con discapacidades e á consecución da igualdade de oportunidades para elas. Posteriormente, a Asemblea fixo un chamamento aos Estados Membros para que destacasen a celebración do Día, e así fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidade.
Deixamos nesta entrada uns vídeos resultaddo dun proxecto desenvolvido con motivo desta celebración e que organizaron dende o CEIP de Cervo coa colaboración de 30 colexios de toda Galicia.
Partindo do libro Está bien ser diferente de Todd Parr, traducido ao galego e posto en escea de formas moi diversas polo alumnado dos diferentes colexios. ENTRADA NO BLOG DO CEIP DE CERVO