4/5/18

ASPANANE NO NOSO COLEXIO

         PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DISCAPACIDADE NA COMUNIDADE EDUCATIVA 
MOITAS GRACIAS A MARCOS E AOS USUARIOS DE ASPANANE POLA SÚA AMABILIDADE PARA CO NOSO ALUMNADO
PROGRAMACIÓN
Nesta segunda edición do programa realizaremos unha única sesión que servirá de repaso de conceptos traballados anteriormente, así como de introdución da nova liña de traballo sobre o concepto de Diversidade Funcional. Para isto dividiremos a sesión nos seguintes puntos: 
1. Diversidade. 
 Introducimos o concepto de diversidade a través da proxección dunhas láminas resaltando a existencia desta diversidade no noso entorno, así como entre as persoas, e valorando a riqueza que supón esta diversidade para as nosas vidas. Realizaremos a actividade "Así son eu", que consiste nunha presentación por parte de cada neno/a dicindo cadanseu nome e unha cousa que lles gusta facer e unha cousa que non. Deste xeito, comprobaremos a diversidade existente na aula. 
2. Diversidade sensorial.
 Enlazando co visto nas láminas anteriores, introducimos o concepto de funcionar diferente. As persoas con diversidade funcional (discapacidade) teñen moitas capacidades, a única diferenza é que as realizan de maneira distinta. 
 3. Diversidade motriz. 
Seguiremos recordando o visto o ano anterior e levaremos unha cadeira de rodas que nos axudará a coñecer moito mellor o concepto de "funcionar diferente". 
 4. Diversidade Intelectual. 
Charlaremos cos/as usuarios/as da nosa entidade sobre a súa vida no centro e as súas amplas capacidades, conseguindo así a ruptura cos estereotipos sobre este colectivo e descubrindo á persoa que hai detrás da discapacidade. Nos cursos máis avanzados proxectaremos a curtametraxe "El Cazo de Lorenzo", realizando un cine-fórum posterior sobre o seu significado e o relacionado coa discapacidade intelectual. 
5. Conclusións.
 Buscaremos as conclusións por parte dos nenos e nenas participantes e proxectaremos o vídeo realizado por ASPANANE "Porque eu son igual que ti" como broche a esta sesión da segunda edición do programa.


No hay comentarios: